A ponte, que levaba máis de cinco anos en moi mal estado, foi recuperada con fondos municipais para facilitar o acceso aos montes e a seguridade en caso de incendio.
O Concello vén de asinar un convenio coa Asociación de Persoas con Discapacidade A Mariña – COGAMI para a realización do Taller de actividades asistenciais da vida diaria en comunidade, que se leva a cabo no centro sociocultural os xoves en horario de mañá.
O Concello de Barreiros vén de ser seleccionado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para desenvolver un proxecto integral a nivel municipal. Dende o mes de setembro o Concello está traballando na elaboración dun Plan Municipal para a implementación dos ODS(Obxectivos de Desenvolvemento Sostible).