Ana Ermida reuniuse co delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, para tratar cuestións prioritarias para o goberno municipal.
O financiamento do servizo de socorrismo, o saneamento, a ordenación urbanística ou a necesidade dun centro de día puxéronse enriba da mesa para abrir vías de colaboración.
No día de onte, a alcaldesa de Barreiros desprazouse a Lugo para manter unha reunión co delegado da Xunta e trasladarlle as prioridades do goberno municipal para traballar nos vindeiros anos.