Con motivo do Día Internacional do Orgullo LGBTI (Lesbianas, Gays, Bisexuais, Transexuais, Intersexuais), o 28 de xuño, o Concello de Barreiros organiza diversos actos para darlle visibilidade a estes colectivos.
O Concello de Barreiros reimpulsa a rede local de voluntariado coa “I xornada de voluntariado verde” que se celebrará este sábado, 29 de xuño. Labores de recollida de plásticos e de residuos, desbroces ou limpeza son algunhas das accións a levar a cabo.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, convoca o proceso de selección de persoal para a cobertura dun posto de Técnico para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020).
Os veciños interesados en realizar as fogueiras de San Xoán e San Pedro deberán comunicalo nas oficinas municipais ou chamando ó 982124002, indicarán os datos da persoa que se responsabiliza e o lugar onde se acenderá. As fogueiras desas noites (días 23 e 28 de xuño) deberán ser á noitiña, cumprindo coa tradición, e para evitar sustos deben cumprir unha serie de requisitos:
A alcaldesa, Ana Belén Ermida Igrexas, convoca ós concelleiros para celebrar a sesión de organización e funcionamento da Corporación para os vindeiros catro anos. Celebrarase no Salón de Sesións da Casa Consistorial, o xovesdía 20 de xuño, ás vinte horas e trinta minutos e co seguinte