O alcalde, Alfonso Fuente, fai unha chamada á colaboración veciñal para que o lixo se deposite correctamente nos contedores habilitados para este fin. O rexedor denuncia que nos verdes e amarelos se detectou nos últimos días unha presenza importante de cartóns, e engade que “algunha xente está a tirar no contedor verde, herba do segado dos xardíns e tamén pequenos escombros”. A empresa que retira o lixo advirte que, ante esta situación, eses contedores quedarán sen recoller.