Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Arredor de 150 persoas asistiron onte no local social de San Xusto á charla informativa sobre a couza guatemalteca, que impartiron técnicos da Xunta. Alí estiveron o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, e o alcalde, Alfonso Fuente Parga.
Gómez Puente contou que “os técnicos da Xunta recomendan non plantar pataca, á espera do decreto do Ministerio que o prohibirá totalmente nos concellos afectados. A previsión para a súa publicación está en que se faga na primeira quincena do mes de marzo”.
O concelleiro de Medio Ambiente relatou que “fixeron recomendacións para que entre todos se combata a praga, explicaron como colocar trampas con feromonas, as cales están a disposición de todas as persoas de maneira gratuíta nas oficinas agrarias, destrución das ramas e restos de patacas que se atopen nas leiras, desinfección dos almacéns, etc. E falaron tamén das indemnizacións para as persoas que xa teñan plantado ou comprada a semente e como solicitala, aínda que ata a publicación do decreto non estarán todos os casos e contías fixados”.