Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
UNHA UNIDADE DE DEFENSA ANTIAÉREA DO EXÉRCITO REALIZARÁ MANOBRAS EN BARREIROS E EN RIBADEO DO 18 AO 22 DESTE MES, SEGUNDO DEU A COÑECER HOXE ALFONSO FUENTE.
A Unidade de Defensa Antiaérea do Exército realizará manobras en Barreiros e en Ribadeo do 18 ao 22 de setembro. En Barreiros estarán acampados no Monte Comado e en Ribadeo empregarán o aeródromo de Vilaframil. Está previsto que se achegue ata a costa luguesa unha fragata da armada e tamén se prevé actividade aérea de cazas do Exército do Aire na zona. Deuno a coñecer no día de hoxe o alcalde barreirense, Alfonso Fuente.
O rexedor dixo: “queremos informar desde o Concello de Barreiros de que a partir do domingo, día 18, despregarase una dotación do exército do aire concretamente aquí en Barreiros no Monte Comado, acamparán alí ata o día 22 para facer unhas manobras”.
Fuente Parga quere deste xeito “advertir ou alertar á poboación e aos veciños de Barreiros, concretamente máis en San Miguel de Reinante e en Reinante onde van poder ver ese movemento de jeeps e camións que estarán alí despregados, que acamparán no monte, que non se asusten. É unha manobra máis, unha práctica do exército do aire. Van estar en Barreiros no monte Comado e en Ribadeo no aeródromo en Vilaframil”.
Alfonso Fuente indicou que “tamén na propia nota que nos manda o Ministerio de Defensa di que van contar cunha fragata e tamén pode ser que nestes días sobrevoe Barreiros e Ribadeo algún caza do exército”.