Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

UN GRUPO DE 65 RAPACES E RAPAZAS ESTARÁN DE CAMPAMENTO EN BARREIROS DO 1 AO 11 DE AGOSTO

Data de publicación: 
mércores, 1 Agosto, 2018 - 13:27

Proceden de Teo, preto de Santiago. Esta mañá o alcalde deulles a benvida. Vanse aloxar nas antigas vivendas dos mestres no colexio de san miguel.

O alcalde, Alfonso Fuente, dáballe hoxe a benvida a un grupo de 65 rapaces do concello de Teo que estarán de campamento na localidade ata o 11 de agosto. Alóxanse nas antigas vivendas dos mestres do colexio de San Miguel. O 12 de agosto chegará outro grupo máis numeroso tamén procedente de Teo. E en xullo pasaron por estas instalacións rapaces e rapazas de Xixón. Para o rexedor é importante a promoción turística que se realiza con este tipo de actividades.

Alfonso Fuente declarou que “en Barreiros vimos de recibir a un grupo de rapaces, 65 rapaces e rapazas, que chegan dende o concello de Teo, un concello a carón de Santiago, e que veñen a pasar aquí desde o día 1 ata o 11 de agosto. Isto enmárcase dentro dun programa que ten o Concello de Teo, Un Verán no Cantábrico, e despois do día 11 virá outro grupo tamén deste municipio incluso máis numeroso. Hoxe recibimos a este grupo, indicámoslles o que é o noso concello, e estamos encantados de recibilos”.

O alcalde de Barreiros subliñou que “nós apostamos por este tipo de campamentos despois de ter acondicionado o que eran as vivendas dos mestres no colexio de San Miguel. Teñen alí unhas instalacións perfectas para facer este tipo de campamentos”.

Fuente Parga engadiu que “se sumamos este campamento que hoxe recibíamos de Teo co que despedíamos fai uns días de Xixón con 35 rapaces máis os que van vir na segunda quincena de agosto, e iso sumado tamén aos 160 nenos do campamento da Devesa que están baixando e participando en actividades nas praias de Barreiros, é unha forma tamén de fomentar o turismo. Cando os nenos e nenas están aquí os pais deciden achegarse a estas zonas onde están os seus fillos e coñecer o Cantábrico e, neste caso, Barreiros e toda a Mariña lucense”.

Imaxes: 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN PARA ESTA SEMANA SANTA
BARREIROS INAUGUROU ESTA MAÑÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte