Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

REUNIÓN ENTRE O SECRETARIO DE ESTADO DE MEDIO AMBIENTE E O CONCELLO DE BARREIROS SOBRE A DEPURADORA DE SAN MIGUEL

Data de publicación: 
venres, 18 Marzo, 2022 - 14:00

O mandatario estatal reiterou o compromiso do goberno do Estado para que os fondos europeos poidan chegar, por medio da Xunta de Galicia, ao concello de Barreiros.

Xoves, 18 de marzo de 2022. Na  mañá de onte, a alcaldesa de Barreiros, acompañada da segunda tenente de alcaldesa, mantivo un encontro telemático co Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, para trasladarlle directamente a problemática existente na praia de Arealonga respecto aos verquidos derivados da falta de depuración de augas residuais.

Continúan así desde o goberno municipal na busca de colaboracións que permitan levar a cabo tan importante investimento, xa que para o Concello de Barreiros é inasumible realizalo sen a implicación doutras administracións.

Ana Ermida expuxo que “é unha problemática que podería solucionarse coa construción dunha nova depuradora en San Miguel, para o que se requirirían fondos excepcionais, dado a importancia do investimento e as limitación orzamentarias do municipio.”

O Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, recoñeceu a importancia de levar a cabo dito investimento e garantiu o traballo do seu departamento para que os fondos que se transfiran á Xunta de Galicia para este fin contemplen dita actuación.

Desde o Concello reiterarán á conselleira Ethel Vázquez a necesidade de que o departamento que dirixe considere esta actuación como prioritaria á hora de investir os fondos de recuperación que o Estado transfire ás Comunidades Autónomas, financiando ata o 95% dos custos de execución.

As representantes municipais agradeceron ao Secretario de Estado a súa implicación e o compromiso amosado na reunión, así como nos proxectos de rexeneración e recuperación da zona que o propio Ministerio prevé levar a cabo e que contribuirán á mellora da zona e á súa posta en valor.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
A DEPUTACIÓN DE LUGO SUBVENCIONA A COLOCACIÓN DUNHA CAIXA NEGRA NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DIAZ SAMPEDRO
A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SUBVENCIONOU ESTE ANO 2016 CON 3.843,28 € A ADECUACIÓN DOS SISTEMAS DE INFORMACIÓN DO CONCELLO DE BARREIROS
RESULTADO DAS PROBAS DE SELECCIÓN DE PERSOAL (PROGRAMA DEPUEMPREGO)
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS (PROGRAMA DEPUEMPREGO)
A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE ORGANIZA UNHA VIAXE Á PLANTA DE SOGAMA EN CERCEDA

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 75
  • 76
  • 77
  • 78
  • 79
  • 80
  • 81
  • 82
  • 83
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte