Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros en colaboración coa asociación “Mulleres en igualdade Burela” organizan un programa de inserción sociolaboral para mulleres en situación de vulnerabilidade.
O programa ten como misión a reinserción no mercado laboral das mulleres en situación de vulnerabilidade a través de:
- Apoio e titorización na toma de decisións ao longo da actuación.
- Formación dirixida a potenciar os hábitos laborais, habilidades e coñecementos para diferentes postos de traballo.
- Capacitación profesional.
- Intermediación laboral na búsqueda de prácticas en empresas da zona.
- O auto-emprego como alternativa esencial ao mercado de traballo normalizado.
Inscricións ou máis información en Servizos Sociais do Concello de Barreiros ata o día 14 de agosto.