Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2018-2019 "AVANZA NA MARIÑA LUCENSE II"

Data de publicación: 
xoves, 13 Decembro, 2018 - 16:52

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA MARIÑA LUCENSE

A Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense solicitou a concesión dunha subvención para a posta en práctica de programas integrados de Emprego de Galicia durante os anos 2018- 2019 ao abeiro da Orde do 31 de maio de 2018 (DOG núm. 118, do 21 de xuño de 2018).

A este Programa Integrado de Emprego, denominado Avanza na Mariña Lucense II, foille concedida unha subvención de 250.000 € por Resolución do Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral do 26 de outubro de 2018.

Este programa está dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego medianta a súa posta en marcha con intermediación laboral, no ámbito dos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro, durante un período de 12 meses, dirixido a 100 persoas de todos eses concellos e dos seguintes colectivos:

- Persoas con discapacidade: 5
- Persoas desempregadas en risco de exclusión social: 5
- Mulleres desempregadas vítimas de violencia de xénero: 3
- Mulleres desempregadas: 15
- Menores de 30 anos de baixa cualificación: 35
- Desempregados de longa duración:10
- Persoas beneficiarias de axuda do programa de recualificación profesional (PREPARA): 5
- Persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renta activa de inserción: 10
- Persoas maiores de 45 anos: 12

Os sectores implicados serán principalmente o sector servizos e agrario:

- Familia de Hostalaría e Turismo (Operacións básicas de restaurante- bar).
- Familia Agraria (Agricultura Ecolóxica, Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes e Operación Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes).
- Familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade.( Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais).

Incluiranse actividades formativas complementarias como as relacionadas co aprendizaxe e fomento de habilidades de busca de emprego ou o fomento do uso das tecnoloxías informáticas e telemáticas en relación co acceso ó emprego: informática, internet, páxinas web..., idiomas. Incluiranse charlas informativas sobre xénero e igualdade de oportunidades. Reforzarase con técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego tanto por conta propia como allea, fomentando as habilidades sociolaborais con obradoiros de entrevista e de capacidade emprendedora. Tamén haberá obradoiros sobre mobilidade laboral facendo fincapé na REDE EURES e na prospección empresarial tanto dentro como fora do propio concello de residencia dos demandantes.

Tamén haberá unha formación específica:

- Operacións básica de restaurante/bar -> 280 horas
- Agricultura ecolóxica -> 280 horas
- Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes -> 280 horas
- Operación Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes -> 280 horas
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais con certificado de profesionalidade -> 450 horas

En todas estas accións formativas inclúese unha parte de prácticas profesionais en empresas do sector vinculado coa formación de 80 horas de duración, durante as cales se realizará un seguimento do alumnado por parte dos docentes.

Este programa ten como obxectivo a inserción laboral do 35% dos candidatos incluídos no mesmo, é dicir, como mínimo plantéxase insertar a 35 persoas, ben por conta propia (como autónomos que  manteñan a súa alta na seguridade social durante un período mínimo de 6 meses) ou por conta allea (cun contrato mínimo de 3 meses), e por iso se contempla a realización de labores de intermediación empresarial como outro aspecto fundamental, establecendo contacto con empresas dos concellos da zona para fomentar a contratación do participantes do programa.

As persoas dos concellos incluídos neste programa e que estean interesadas en participar poden contactar cos Axentes de Emprego dos seus concellos ou directamente coa Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense que está ubicada no Concello de Barreiros (Rua Vila, 63, Barreiros. 27790 (Lugo). Tfno. 676 327 331. Fax: 982 124 110)

Ficheiros: 

programa_avanza_na_marina_ii.pdf

Programa Integrado de Emprego 18-19 "Avanza na Mariña Lucense II"

Media Folder:

  • Media Root

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ESTES DÍAS INICIASE A SEGUNDA FASE DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA LU-133 AO SEU PASO POR VILAMAR E CABARCOS.
O CONCELLO CELEBRA O REMATE DO CURSO COA REPRESENTACIÓN DE ESPANTALLO AMIGO O VINDEIRO LUNS, DÍA 20.
ESTE DOMINGO, 19 DE XUÑO, EN BARREIROS MALASOMBRA PRODUCIÓNS REPRESENTA A OBRA D.E.P. UNHA COMEDIA DE MORTE.
BARREIROS ACOLLE UN CAMPUS DE BALONCESTO NA PRIMEIRA QUINCENA DE XULLO.
FUENTE PARGA RECOLLEU EN BASTIAGUEIRO AS SEIS BANDEIRAS AZUIS QUE LUCIRÁN OUTROS TANTOS AREAIS BARREIRENSES ESTE VERÁN.

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 134
  • 135
  • 136
  • 137
  • 138
  • 139
  • 140
  • 141
  • 142
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte