Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Está aberto o prazo para solicitar as axudas do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea.
Ten como finalidade facer fronte á privación material das familias máis desfavorecidas con menores a cargo, a través dun sistema de tarxetas e/ou vales físicos ou electrónicos intercambiables por alimentos e outros produtos de asistencia material básica, así como apoiar a súa inclusión social, a través das medidas de acompañamento que se establezan.
A axuda recoñecida terá unha validez de 12 meses desde o seu recoñecemento, sen que exista posibilidade de prórroga. A contía mensual está fixada en función da composición da unidade de convivencia.
PERSOAS DESTINATARIAS DO PROGRAMA
-Formar parte dunha unidade de convivencia con, polo menos, unha persoa menor ao seu cargo. Por persoa menor enténdese que teña menos de 18 anos, isto é, entre os 0 e os 17 anos.
-Vivir en fogares cuxos ingreso por unidade de consumo sexan inferiores ao 40% da renda mediana nacional (8.146,93 €). Para estes efectos computaranse a totalidade dos ingresos que perciben as persoas integrantes da unidade de convivencia obtidos durante os seis meses inmediatamente anteriores á solicitude de acceso ao programa.
-Estar empadroado nalgún municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Máis información mediante cita previa no departamento de Servizos Sociais e no teléfono 982317143.