Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
BASES REGULADORAS DO PROGRAMA MOVERNOS NO VERÁN 2024
Artigo 1. Obxecto de aplicación
O presente programa deportivo ten por obxecto cubrir a demanda de actividades deportivas para a mocidade e as persoas adultas, dende o 17 de xuño ata o 13 de setembro do 2024. As persoas que estean interesadas poderán matricularse no/s periodo/s seguintes:
- De 17 a 30 de xuño
- De 1 a 31 de xullo
- De 1 a 31 de agosto
- De 1 a 13 de setembro
Artigo 2. Persoas destinatarias
As actividades deportivas están dirixidas a persoas maiores de 12 anos.
Artigo 3. Actividades deportivas ofertadas.
Impartiranse clases de 1h de duración de Espalda Saudable, Pilates, Ximnasia de mantemento, Ioga e Zumba.
As clases serán impartidas cun mínimo de 5 persoas inscritas e un máximo 16. Se o número mínimo de inscricións esixibles non se cubrira, a clase non se impartirá.
Artigo 4. Horarios e instalacións das actividades.
Ofértanse 7 clases semanais nas seguintes instalacións e horario:
Artigo 5. Inscricións.
O prazo de inscrición estará aberto dende a publicación destas bases ata cubrir as prazas.
O formulario de inscrición só estará dispoñible nas oficinas do Concello. A persoa que queira inscribirse deberá confirmar previamente nas oficinas municipais que quedan prazas dispoñibles na/s clase/s nas que queira matricularse e unha vez confirmada a dispoñibilidade poderán presentar o formulario de inscripción.
Si presenta o formulario por calquera vía sin estar confirmada a dispoñibilidade de praza, pasará automáticamente á lista de agarda na clase ou clases correspondentes, podendo participar nas mesmas en caso de que queden prazas libres.
As persoas interesadas en quedar incluídas nas listas de agarda dalgunha das clases que teñan as prazas cubertas deberán cubrir igualmente o formulario de inscrición e achegalo a través de rexistro. Si quedara praza dispoñible avisarase dende o concello ás persoas da lista de agarda para que podan iniciar as clases.
As solicitudes de baixa solo se terán en conta si se presentan no rexistro municipal, en caso contrario non terán efectos. As baixas dentro dun mesmo período de matrícula non se terán en conta a efectos da redución da cuota a pagar, é dicir, que solo se terán en conta para o calculo da contía a pagar aquelas baixas que se presenten en rexistro antes de que comence o seguinte período das actividades.
Artigo 6. Pagos.
As persoas que se inscriban deberán incluír o numero de conta na solicitude para o envío dos recibos por parte do concello. Pasaranse dous recibos, un a principios do mes de agosto e outro a finais do mes de setembro.
O importe das actividades será de 15 € ao mes por 1h/semanal. As clases semanais a maiores terán un custo de 10 € ao mes por clase. Os períodos de matricula inferiores a un mes cobraranse ó 50%.
Documentos:
Bases reguladoras do programa MoVernos no verán.