Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Preto de 160 persoas acudiron ao encontro de ex alumnos, profesores e traballadores do Complexo de Benquerencia, que se celebrou este sábado. No terreo que no seu día ocuparon estas instalacións arrincou a xornada cunha foto de grupo e a benvida do alcalde, Alfonso Fuente. O rexedor subliñou "a importancia de celebrar este tipo de encontros para recordar tempos pasados dos rapaces que pasaron por ese centro de ensino, onde hai 40 anos se impartía o primeiro grao de FP na rama agraria". A xuntanza seguiu cunha visita ao litoral barreirense e á praia das Catedrais, aperitivo, xantar no restaurante La Yenka, en Reinante, e festa durante a tarde. Os organizadores agardan que este sexa o inicio de encontros vindeiros.