Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

PRESENTADA A XII EDICIÓN DA 1/2 KM VERTICAL MONTE COMADO

Data de publicación: 
mércores, 15 Xullo, 2026 - 09:31

Este domingo, 19 de xullo, Barreiros acollerá a duodécima edición da carreira popular 1/2 km Vertical Monte Comado, un evento deportivo singular que xa conta con máis de 150 persoas inscritas para esta edición.

A proba está organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado en colaboración co Concello de Barreiros, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Agrupación de Protección Civil de Barreiros. A carreira forma parte do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros que organiza o Concello de Barreiros sendo esta a terceira proba das cinco que o compoñen nesta edición 2026.

A presentación da xornada deportiva tivo lugar na aba de Comado coa presenza da alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, do xefe provincial de deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, e do concelleiro de dinamización, Dani García, xunto con membros da asociación Praias de Comado.

A alcaldesa Ana Ermida destacou que "seguimos apostando por actividades que, ademais de fomentar hábitos de vida saudables, contribúen a facer comunidade e a dar a coñecer os espazos máis singulares do noso municipio. A 1/2 km Vertical Monte Comado é unha mostra do importante papel que desempeñen as asociacións na dinamización de Barreiros e de como a colaboración entre administración e tecido asociativo permite consolidar proxectos que medran edición tras edición".

O concelleiro de dinamización, Dani García, sinala que "o feito de estar integrada no circuíto +KmsBarreiros dálle a cada proba unha identidade común, respectando ao mesmo tempo as características que fan única cada carreira. Esta fórmula permite consolidar un calendario deportivo variado e seguir impulsando a participación ao longo de todo o ano".

As competicións darán comezo ás 10:30 horas co Trail infantil no entorno de A Roda, subindo dende as escolas de Reinante. Posteriormente, ás 11:30 horas, dará comezo a carreira absoluta coa saída a nivel do mar desde a praia de Arealonga e meta no cumio do Monte Comado. A distancia é de aproximadamente 4 quilómetros salvando un desnivel positivo de 490 metros que se atopa maiormente na última parte, o que lle dá nome á carreira.

A inscrición segue aberta ata o 16 de xullo ás 23:59 horas a través de maiskmsbarreiros.gal e ccnorte.com, cun custo de 10 euros. O día da proba, se quedan dorsais, o prezo será de 15 euros. O trail infantil é de balde.

Na carreira absoluta o vencedor e a vencedora individual e o primeiro club clasificado conseguirán un lote de produtos de porco celta grazas á colaboración de Asoporcel co Circuíto +KmsBarreiros.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte