Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

PRESENTACIÓN DO CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES +KMSBARREIROS

Data de publicación: 
sábado, 6 Xaneiro, 2024 - 09:51

A primeira das probas terá lugar este domingo 7 de xaneiro e congregará a preto de 300 participantes.

O +KmsBarreiros 2024, foi presentado este venres pola alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o concelleiro de dinamización, Dani García, xunto con integrantes das asociacións colaboradoras, Praias de Comado, Augas Santas e Ollomao.

Nesta edición, o circuíto achega novidades que buscan fomentar a práctica do exercicio físico e deporte. “Vamos a pola terceira edición do circuíto xa que está a ter moi boa acollida. Vimos nel unha maneira de unir sinerxías entre o Concello e as asociacións que viñan organizando probas deportivas en Barreiros. Tratamos de colaborar con estas asociacións para englobar todas as probas nunha liña similar pero que cada carreira mantivera o seu propio selo”, indica Dani García.

Tratando de ampliar o abano de posibilidades, o edil sinala que “Estamos organizando andainas a par que as probas deportivas para acoller máis perfís de xente que traten de evitar a inactividade e o sedentarismo. A primeira delas terá lugar este domingo 7 de xaneiro xunto coa carreira de Reis. Esta andaina ten un carácter solidario no que o total recadado en inscricións será doado á asociación Saúde Mental a Mariña”.

Outra das novidades do circuíto é a creación da categoría por equipos. “Nesta modalidade poden xuntarse grupos de amigos/as e puntuaren no circuíto de maneira conxunta” apunta o edil de deportes. “O premio para o equipo gañador será unha comida ou cea que, a bo seguro, agradará para comentar as anécdotas das probas”.

Nas categorías individuais aumentouse a contía dos premios ata os 1000€ en metálico así como trofeos e agasallos para as persoas que finalicen 4 ou máis probas.

O circuíto inicia a súa andadura no 2024 este domingo 7 de xaneiro en San Cosme de Barreiros coa carreira solidaria de Reis que congregará a preto de 300 participantes entre andaina, carreiras de menores e a proba absoluta na que terán que cubrir unha distancia de 8 km.

O resto de probas que engloban o +KmsBarreiros son: a Carreira das Praias en marzo, a ½ km vertical Monte Comado en xullo, a Benquerencia Terra-Mar en agosto, os Trails Monte Comado en outubro e pecha, a carreira popular Ao Son do Masma en novembro.

Toda a información das probas, inscricións e clasificacións están dispoñibles na web do circuíto www.maiskmsbarreiros.gal así como na APP do mesmo nome que está dispoñible para Android e iOS.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PRESENTA O SEU PROGRAMA DE ENTROIDO
CONCELLO E EMPRESARIOS DE BARREIROS PEDIRÁN ACCESO DIRECTO AO PARQUE EMPRESARIAL DESDE A A74
BARREIROS INVESTIRÁ MÁIS DE 40.000 EUROS EN MELLORAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
BARREIROS DINAMIZARÁ A BIBLIOTECA MUNICIPAL CUN CLUB DE LECTURA E BIBLIOENCONTROS INFANTÍS
BARREIROS PON EN MARCHA UNHA APP DIRIXIDA ÁS FAMILIAS DE PERSOAS USUARIAS DO SAF

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte