Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

PRESENTACIÓN DA CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS QUE TERÁ LUGAR EN BARREIROS ESTE DOMINGO DíA 17

Data de publicación: 
luns, 11 Abril, 2022 - 13:23

O evento, que xa conta con máis de 200 participantes inscritos, pecha inscricións este martes 12 de abril.

Barreiros, 11 de abril de 2022. Na mañá deste domingo tivo lugar na praia de Altar a presentación da VIII Carreira Popular das Praias que é organizada pola asociación cultural e deportiva Praias de Comado xunto co Concello de Barreiros e a Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia.

A proba terá lugar o domingo 17 de abril a partir das 11:00 h. para as categorías infantís e ás 11:30 h. darase a saída para a categoría absoluta. Este ano, como novidade, tamén se presentou a andaina de 9k que percorrerá pola area mollada todo o litoral barreirense aproveitando a baixamar.

A zona de carreira estará ubicada, como en anteriores edicións, na zona da praia de Altar, lugar no que os participantes, tanto da carreira absoluta coma da andaina, collerán os buses que os trasladarán á zona de saída (praia de Arealonga).

Desde o Concello de Barreiros lembran que, esta proba está incluída no circuíto de carreiras locais +kmsBarreiros que dende a área de Dinamización e Participación Veciñal se puxo en marcha este 2022 incluíndo as 6 carreiras populares que se celebran en Barreiros durante todo o ano.

Daniel García, concelleiro de dinamización, apunta que: “Creando o circuíto +kmsBarreiros tratamos de agrupar dunha forma homoxénea as diferentes carreiras con entidade propia que se organizan en Barreiros”. “O circuito +kmsBarreiros conta con sistema de clasificación propio no cal, para puntuar e optar aos premios e agasallos finais, débese de participar nun mínimo de 4 carreiras das 6 que forman o circuito” destaca o edil barreirense.

Toda a información e inscricións a través da web https://maiskmsbarreiros.gal.

Categorías:

  • Deportes
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ TRES CURSOS DE INFORMÁTICA DO PROGRAMA “É PARA DIXITALIZARSE, LUGO”
O CONCELLO DE BARREIROS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN PARA DEMANDAR A COBERTURA DAS AUSENCIAS DO PERSOAL DO CENTRO DE SAÚDE
ESCAPE ROOM NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BARREIROS
PRESENTADO O IX TRAIL MONTE COMADO QUE SE CELEBRARÁ O SÁBADO 11 DE OUTUBRO EN BARREIOS
A ALCALDESA DE BARREIROS PIDE MEDIDAS ANTE A FALTA DE PERSOAL FACULTATIVO NO CENTRO DE SAÚDE

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte