Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Froitas, xogos e creatividade encherán a Praza do Concello este xoves.
O Concello de Barreiros organiza a través do obradoiro de emprego “Máis emprego” unha novidosa Xincana Master Chef coa que as nenas e nenos descubrirán xogando a importancia dunha boa alimentación.
A actividade, que está dirixida á cativada de 5 a 14 anos, terá lugar este xoves, 4 de setembro, ás 10:30 horas na Praza do Concello. Esta xincana será unha aventura educativa centrada nas froitas e nos hábitos nutricionais onde, a través de divertidas probas físicas e de coñecemento, a cativada aprenderá a identificar alimentos, coñecerá a pirámide alimentaria e porá a proba os seus sentidos.
Información para participar:
As familias interesadas en inscribir as súas crianzas (de 5 a 14 anos) poden facelo chamando ao teléfono do Concello: 982 124 002. As prazas son limitadas.
*Nota: As nenas e nenos que asisten esta semana ao campamento +Concilia Verán non precisan inscrición, xa que a actividade está incluída na súa programación.
*Recomendación: Suxírese traer roupa cómoda e que se poida manchar.
*Alerxias: En caso de alerxias ou restricións alimentarias, é importante comunicalo no momento de realizar a inscrición para adaptar os materiais.