Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Un grupo duns 40 veciños de Barreiros e dos seus arredores están a realizar desde o pasado 16 de abril o Camiño Primitivo por etapas, que teñen lugar os sábados. A desta pasada fin de semana discorreu polo concello de O Cádavo. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, sinalou que "con ilusión e ganas iniciamos hai uns días esta nova aventura para chegar a Santiago. Os momentos de sufrimento terán o seu premio co abrazo ao Apóstol Santiago".
Este grupo de camiñantes realizará 9 etapas para cubrir esta ruta ata Santiago de Compostela. Xa levan percorridas dúas e quédanlles pendentes 7. Gómez Puente anima a todas as persoas que se queiran sumar ás nosas andainas: "ánimo porque estades a tempo de iniciar esta viaxe marabillosa".