Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O día, 4 de xuño de 2024, contaremos coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo na Praza do Concello, ás 10:30 horas.
Se eres autónomo/a, ou propietario/a dunha Peme e precisas de impulsar a dixitalización do teu negocio, achégate á Oficina Móbil Acelera Peme. Alí, contarás có asesoramento dos dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precises para unha consulta individualizada.
Algúns dos servizos gratuitos do programa Acelera Peme son os seguintes:
1. Servizo de acompañamento dixital individual e personalizado.
2. Análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa.
3. Apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio.
4. Consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…)
5. Apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.
Máis información: https://lugo.hubruralacelerapyme.es/