Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O GOBERNO DE BARREIROS CONSOLIDA A SÚA APOSTA POLA EDUCACIÓN EN IGUALDADE COA NOVA EDICIÓN DA ESCOLA DE FAMILIAS

Data de publicación: 
luns, 27 Abril, 2026 - 10:21

A Concellería de Igualdade do Concello de Barreiros presenta unha nova edición da Escola de familias para o ano 2026, un programa formativo que busca ofrecer ferramentas ás familias para abordar a educación afectivo-sexual e a prevención de violencias desde as idades máis temperás.

Esta iniciativa marca un fito na xestión municipal, ao ser o primeiro goberno da historia de Barreiros en organizar espazos educativos para as familias, chegando este ano 2026 á súa quinta edición e afianzándose coma unha das múltiples actividades que se integran no programa +Igualdade Barreiros. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida destaca que estas actuacións responden a un compromiso firme do goberno de Barreiros coas políticas de igualdade: “Desde a nosa entrada no goberno de Barreiros tivemos claro que a igualdade e a protección das crianzas non podían ser temas secundarios e apostamos por unha programación estable que pon o foco no que realmente importa, educar en liberdade, respecto e seguridade. A Escola de Familias é o reflexo dun concello que quere avanzar e non deixar de lado a formación afectiva da súa veciñanza”.

Unha formación necesaria e pioneira en Barreiros.

Pola súa banda, a concelleira de igualdade, Montse Porteiro incidiu en que estas xornadas destinadas ás familias con crianzas de 0 a 12 son esenciais para fomentar modelos de convivencia baseados no respecto mutuo e que constitúen un “piar fundamental para construír unha sociedade libre de violencias desde a base, dotando ás familias de recursos para falar de afectividade, límites e respecto con naturalidade e proporcionando ferramentas para a detección e a abordaxe de todo tipo de violencias.”

Programa + Igualdade Barreiros na vangarda das políticas igualitarias.

Coa creación do programa +Igualdade Barreiros no ano 2022 márcase un antes e despois neste eido poñendo ao Concello de Barreiros na vangarda da igualdade, ao constituírse como un programa innovador que aglutina, afianza e pon a Barreiros no mapa das políticas igualitarias. Desde a aprobación do plan de igualdade para o cadro de persoal, primeiro concello na provincia en elaboralo e aprobalo en pleno, ata as escolas de familias sucesivas, a formación continuada das persoas traballadoras da Escola Municipal Infantil, a elaboración dun protocolo de acoso para o persoal, a oferta en formación en igualdade para o conxunto das persoas traballadoras do Concello, a coparticipación das e dos barreirenses nas actividades organizadas desde a concellería de igualdade, a posta en marcha da mesa interinstitucional para a prevención das violencias ou a inclusión nos temarios de ofertas públicas de emprego de materias de igualdade son algúns dos contidos que se van incluíndo no programa e que pouco a pouco vai medrando e integrándose na vida das persoas de Barreiros.

Un programa especializado e con inscrición aberta.

Nesta quinta edición, a Escola de Familias contará coa experiencia de María González Cociña, matrona no Centro M Burela, quen será a encargada de impartir as sesións e guiar ás familias participantes. O programa está deseñado para familias con crianzas de 0 a 12 anos e estrutúrase en dúas xornadas que se desenvolverán no centro sociocultural de San Cosme ás 11:00 horas.

  • • 9 de maio: “Acompañar na educación afectivo-sexual e na prevención de violencias sexuais”.
  • • 13 de xuño: “Corpo, límites e respecto: aprendendo a coidarnos”.

Para participar nas sesións formativas, que contan co financiamento dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, as persoas interesadas deberán realizar unha inscrición previa no Concello, sendo a data límite para anotarse o vindeiro 6 de maio.

Con este novo ciclo, o Concello de Barreiros segue a dar pasos firmes na consolidación de espazos de reflexión e aprendizaxe colectiva, reafirmando que a educación desde as etapas máis temperás é o camiño máis eficaz para a construción dun futuro en plena igualdade.


 Folla de inscrición

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte