Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO REBAIXARÁ O IBI ÁS EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS ATA UN 95%

Data de publicación: 
domingo, 1 Maio, 2016 - 17:08

O CONCELLO REBAIXARÁ O IBI ÁS EXPLOTACIÓNS AGROGANDEIRAS ATA UN 95%, SEGUNDO DEU A COÑECER O ALCALDE. O DE BARREIROS É O PRIMEIRO DA MARIÑA EN ADOPTAR ESTA DECISIÓN.

O Concello rebaixará o IBI ás explotacións agrogandeiras ata un 95%, segundo deu a coñecer o alcalde, Alfonso Fuente. O asunto someterase a aprobación nun pleno da Corporación Municipal, que se celebrará en maio. O de Barreiros é o primeiro da Mariña en adoptar esta decisión.

Fuente Parga anuncia que “no próximo pleno imos facer unha serie de modificacións na ordenanza do Imposto de Bens Inmobles”.

O rexedor barreirense contou que “estivemos vendo, despois de facer varios estudos, como se podía rebaixar este imposto a un sector que ten un peso importante na economía do noso municipio”. E subliñou que “Barreiros é o primeiro Concello da nosa comarca en aplicar esta importante medida”.  

A redución do 95% do IBI, á máxima que permite a lei, afectaralles ás explotacións gandeiras ou agrarias que se dedican exclusivamente ao sector primaria. E tamén se prevé unha redución do 50% nas explotacións destinadas tamén a outros usos. Alfonso Fuente relatou que “o que imos someter a aprobación no vindeiro pleno é unha redución do 95 por cento da cota que se paga no caso de construcións destinadas a agrogandeiría que estean en fincas independentes; e naquelas fincas onde exista a vivenda ou outras construcións destinadas a outra actividade que non sexa agrogandeira terán unha redución do 50 por cento”.

O alcalde de Barreiros salientou que “isto parécenos importante porque practicamente estas porcentaxes son as que permite a lei. A partir de aí abrirase un prazo ata final deste ano para que as persoas interesadas fagan a solicitude desa bonificación que entrará en vigor no ano 2017”.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN PARA ESTA SEMANA SANTA
BARREIROS ABORDA CO DELEGADO DO GOBERNO EN GALICIA PROXECTOS CLAVES PARA O DESENVOLVEMENTO DO CONCELLO
BARREIROS SERÁ SEDE DA PRIMEIRA VALKIRIA RACE
BARREIROS DÁ PASOS PARA A RENOVACIÓN INTEGRAL DO ALUMEADO PÚBLICO
BARREIROS RECOLLE NA ESTRADA UN REMOLQUE PARA A ATENCIÓN A EMERXENCIAS PARA A AGRUPACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte