Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O CONCELLO ORGANIZA UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL PARA O VINDEIRO DOMINGO, 5 DE FEBREIRO. O GRUPO A ADALA PORÁ EN ESCENA SI O SEI, NON VOLVO Á CASA.
O Concello de Barreiros organiza unha representación teatral o vindeiro domingo, 5 de febreiro. O grupo A Adala presentará Si o sei, non volvo á casa. A obra poderase ver ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, nacía no ano 2000 co obxectivo de achegar o teatro afeccionado á Mariña. Durante a súa traxectoria ten representado máis dunha ducia de obras. Hai un ano poñía sobre as táboas Sen seu amor e agora chega con este título, Si o sei, non volvo á casa.
A función está organizada pola Concellería de Cultura e pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.