Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O CONCELLO ORGANIZA O CONCERTO LYRICAS EN GALICIA O VINDEIRO DOMINGO, 18 DE DECEMBRO, NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.
A Concellería de Cultura organiza o concerto Lyricas en Galicia para este domingo, 18 de decembro. Esta actuación estaba prevista inicialmente para o pasado mes de novembro, pero tivo que ser aprazada debido á enfermidade dunha das integrantes do grupo.
Este concerto correrá a cargo de Lyricas, da que forman parte a pianista Julia María Dopico, que é profesora superior de piano e linguaxe musical, e a soprano Diana Somkhieva, que é profesora superior de canto.
Lyricas en Galicia é unha selección de pezas clásicas interpretadas con voz e piano, e entre as que se atopan Negra Sombra, Lela, Lonxe da terriña e Os teus ollos entre outras. Deste xeito na primeira parte do programa figuran Os teus ollos, Lonxe da terriña, As froliñas dos toxos, Muiñeira para piano, Un sospiro e Rosa de abril. Na segunda parte interpretarán Lela, Maio longo, María Soliña, Tres muiñeiras para piano solo, Negra sombra e Meus amores.
O concerto deste domingo dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro con entrada gratuíta. Está organizado polo Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e da Oficina municipal de Información Xuvenil, e conta coa colaboración da Deputación de Lugo.