Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Por quinto ano consecutivo, o Surf ten presenza nas Escolas Deportivas Municipais de Barreiros. Esta semana o concelleiro de Deportes, Daniel García, reuniuse co responsable da academia local de surf, LA Academia del Surf, Luís Fernández para presentar oficialmente, a Escola municipal de Surf desta tempada 25/26, que dará comezo o vindeiro 08 de abril na praia sede da actividade, a Praia de Coto, en Barreiros.
A Escola de Surf é unha das seis escolas que se inclúen no programa deportivo, e que cada ano vai atraendo a máis crianzas do concello e doutros veciños. Neste senso, o edil sinala que “ofertar a actividade de Surf é unha maneira de apostar polo deporte e reivindicar a súa práctica dende a base, xa que nun Concello coma o de Barreiros, contamos con praias de riqueza incalculable para a practica deste deporte”.
As inscricións están abertas para todas aquelas crianzas nadas entre o 2009 e 2017, e a súa formalización farase nas oficinas municipais do Concello de Barreiros.
