Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS ULTIMA OS TRABALLOS DE MELLORA DO SANTO ESTEVO DO ERMO

Data de publicación: 
venres, 14 Xuño, 2024 - 15:22

Realizáronse obras de reposición de elementos, como barandas ou escaleiras, e adecentamento das zonas de uso público. 

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, visitaron o Santo Estevo do Ermo para comprobar o estado dos traballos levados a cabo nese espazo para a súa mellora e acondicionamento.

Nas últimas semanas foron realizadas as obras de reposición de firme e escaleiras que sufriran desperfectos durante o inverno a causa da meteoroloxía, una vez que o terreo foi recuperando estabilidade ao reducirse as choivas. Igualmente, realizáronse as labores de mantemento da pista de acceso, arranxando os desperfectos do inverno.

Ademais, comezaron tamén os traballos de desbroces e limpeza das zonas de uso público, de cara a retirar especies alóctonas ou restos de vexetación que invadía os mesmos.

As obras realizadas foron executadas pola empresa Excavaciones Ramsei, SL cun importe de 7.865€. Este investimento vén a sumarse ao realizado nos anos 2021 e 2022, tanto no espazo como no camiño de acceso, ascendendo o total do investimento a máis de 13.000€.

A alcaldesa, Ana Ermida, manifestou “o esforzo de investimento que se vén realizando neste espazo desde o 2019, cando se volveu a realizar o mantemento e investimento polo Concello, conscientes da importancia social, cultural e medioambiental que posúe e o simbolismo que ten na veciñanza de Barreiros.”

A rexedora sinalou tamén que se está a realizar por parte da Mancomunidade da Mariña un estudo de carga do espazo, “conscientes da fraxilidade do mesmo e dos perigos que unha excesiva ocupación pode conlevar.”

Neste sentido, Dámaso Ratoeira lembrou que se teñen sinalizado tanto no acceso principal como no inicio da ruta os perigos existentes e as recomendacións de visita, incidindo na educación ambiental e no respecto a un entorno cun valor ecolóxico importantísimo.” Como exemplo citou a “cantidade de especies de fentos existentes nun espazo tan reducido, só superado en cantidade polas Fragas do Eume, cunha dimensión moito maior”.

Desde o Concello de Barreiros convidan a visitar este espazo con consciencia do lugar que se vai atopar, cunhas condicións de acceso determinadas e cunha necesidade de coidado e respecto fundamentais para a súa conservación, utilizando exclusivamente os sendeiros marcados para a visita. As persoas visitantes poden atopar toda a información en tres paneis colocados na zona de entrada á capela e ás mesas da área de descanso.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte