Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS RECOÑECE A LABOR DA AGRUPACIÓN DE PERSOAS VOLUNTARIAS DE PROTECCIÓN CIVIL POLOS SEUS 25 ANOS

Data de publicación: 
venres, 30 Maio, 2025 - 14:42

No acto de recoñecemento, fíxose entrega dun detalle tamén ás dúas persoas que levan 25 anos ininterrumpidos nas labores voluntarias: Ramona Rodríguez Pérez ”Nita” e Agustín Rodríguez Pérez.

O salón de plenos do Concello de Barreiros acolleu no día de hoxe un humilde acto de recoñecemento á Agrupación de Persoas Voluntarias de Protección Civil, no que se recoñeceu por parte do Goberno Municipal a labor realizada nos máis de 25 anos de existencia da mesma. Igualmente, recoñeceuse ás dúas persoas, Nita Rodríguez Pérez e Agustín Rodríguez Pérez, que levan 25 anos de servizo voluntario ao pobo de Barreiros.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, fixo entrega dunha placa conmemorativa ao presidente da Agrupación de Persoas Voluntarias de Protección Civil de Barreiros; que conmemora os máis de 25 anos en activo, prestando asistencia e axuda a toda a veciñanza. Tamén entregou dous detalles de recoñecemento individual ás dúas persoas que levan desde os inicios da agrupación en activo na mesma.

A rexedora quixo trasladar “o inmenso agradecemento do pobo de Barreiros a todas as persoas que adicades o voso tempo libre a servir e axudar ás veciñas e veciños.

As persoas voluntarias de Protección Civil son fundamentais no funcionamento deste concello e de gran parte dos actos públicos que se fan nel. O seu traballo nas festas, nos eventos deportivos, culturais ou sociais, é moitas veces invisible; pero fundamental para garantir que se desenvolvan con éxito e seguridade. Pero non só: xogan un papel crucial na asistencia en emerxencias, sendo moitas veces as primeiras persoas en chegar e aportando proximidade e empatía en circunstancias moi duras.

E, por suposto, non podemos esquecer, aínda que parece que pasou moito tempo, o crucial papel xogado na pandemia da COVID19; onde se respondeu dun xeito excepcional en circunstancias cunha gran incerteza.”

Ermida destacou tamén a capacidade de coordinación que ten amosado a Agrupación, que traballa con outras entidades ou institucións, como a Garda Civil, facendo que Barreiros sexa tamén referente na resposta e atención de emerxencias.

Nese sentido, “agradeceu, en nome de todo o pobo de Barreiros, todo o traballo que estas persoas realizan de xeito voluntario, restando tempo das súas vidas particulares, para seguir servindo á veciñanza no seu tempo libre e contribuíndo a facer do noso concello un lugar máis solidario, máis seguro e máis cómodo para vivir.”

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M
BARREIROS ARRANXARÁ 4KMS DE VÍAS MUNICIPAIS CON CARGO AO PLAN DEPUTACIÓN 2026
ENTROIDO BARREIROS 2026

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte