Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS REALIZARÁ A ORLA DA ESCOLA INFANTIL COA FOTÓGRAFA LOCAL NATALIA BLANCO

Data de publicación: 
luns, 20 Maio, 2024 - 09:07

O Concello entregará gratuitamente a cada familia una foto da nena ou neno graduado e una orla da clase que finaliza a súa estadía na escola infantil.

Barreiros, 20 de maio de 2024. O Concello de Barreiros vén de anunciar que contará coa fotógrafa local Natalia Blanco, que recentemente abriu un salón de fotografía no municipio barreirense, para realizar unha sesión fotográfica na que as nenas e nenos que finalizan a súa estadía no centro conten cun recordo de graduación do seu paso pola escola infantil municipal.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que nesta ocasión puxéronse en contacto coa fotógrafa local Natalia Blanco para realizar este traballo que será contratado desde o Concello e que non terá ningún custo para as familias. “A diferencia co modelo anterior é que as familias recibirán este detalle a modo de agasallo desde o Concello, sen necesidade de realizar ningún pago a ningunha empresa externa.” “Cremos que nos centros públicos non poden darse situacións nas que poida haber familias que teñan que renunciar a participar en determinadas actividades ou ter material concreto en función da súa capacidade económica, polo que decidimos cambiar o modelo de realización das fotografías e apostar, ademais, por unha emprendedora local”, afirma a alcaldesa.

A concelleira de Igualdade, Educación e Saúde Pública, Montse Porteiro, sinala que se trata “dun agasallo humilde, que non pretende substituír sesións fotográficas profesionais que poidan realizar as familias, senón que simplemente se trata de que teñan un recordo do seu paso pola Escola Infantil Municipal que poida quedar para a posterioridade.”

Ademais das fotografías, as e os menores tamén serán agasallados cunha banda conmemorativa da promoción da que forman parte, que serán entregadas nun acto de final de curso no que poderán participar as familias.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
FALTAN 7 DÍAS PARA VIVIR O GRAN CAMIÑO EN BARREIROS
UNANIMIDADE NA CORPORACIÓN DE BARREIROS EN CALIFICAR DE INSUFICIENTE A APORTACIÓN DA XUNTA AO SAF
O CONCELLO DE BARREIROS PARTICIPA NA POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA CONVIVE
BARREIROS PRESENTA A CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS
O CONCELLO DE BARREIROS VÓLCASE DE NOVO CO SURF BASE

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte