Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS PRESENTA O SEU NOVO PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS PARA ESTE VERÁN

Data de publicación: 
mércores, 21 Xuño, 2023 - 15:08

O Concello de Barreiros presenta o seu novo Programa de Visitas Guiadas Barreiros queda en ti para este verán con novas propostas respecto ás anteriores edicións.

A través de percorridos de diferentes temáticas e en diferentes localizacións do municipio, tanto de interior como de costa, preténdese sacar á luz a esencia do territorio, amosando a súa riqueza cultural, ambiental e xeolóxica así como as formas de vida das súas xentes.

Segundo Ana Ermida, Alcaldesa e Concelleira de Turismo, “en Barreiros contamos con numerosos recursos turísticos dos que estar orgullosos, tanto pola súa beleza como polos seus valores e este programa danos a oportunidade de achegarnos a eles dunha forma máis completa”.

Así, desta vez, contaremos coas seguintes cinco propostas con posibilidade de participación tanto en xullo como en agosto:

-    A vida aos pés do Mar Pequeno. Iniciaremos un curto percorrido aos pés da ría aproveitando a baixamar para coñecer máis de preto este espazo natural desde o punto de vista ambiental pero tamén cultural. A beleza paisaxística deste espazo será o marco para descubrir os seus numerosos valores e mesmo curiosidades. Será un percorrido circular regresando ao punto de partida a través do Camiño Natural do Cantábrico.

-    O día a día dun gandeiro. Visita granxa Mantoño Holstein. Co obxectivo de poñer en valor un dos sectores económicos clave ao longo da historia de Barreiros e coa colaboración da gandaría de leite vacún Mantoño Holstein, descubriremos a labor diaria, o meritorio traballo e coñecementos dos gandeiros e gandeiras, así como as instalacións dunha das mellores granxas do país.

-    Rutas xeolóxicas Litoral de Barreiros. Un percorrido polo litoral de Barreiros no que as nosas praias e cantís revelarán a súa orixe, o seu percorrido polo planeta e o motivo polo que se sitúan aquí. Un itinerario entre furnas, pregues, intrusións de rochas magmáticas e mesmo restos fósiles que non nos deixará indiferentes.

-    San Miguel de Reinante, pasado moi presente. Neste paseo faremos unha retrospectiva sobre a vida no pobo a través dun percorrido por diferentes vestixios patrimoniais que son testemuñas do pasado.  De entre todo este legado destacan, en número, as distinguidas vivendas habaneras, protagonistas e dominantes na paisaxe rural e urbana nun dos municipios galegos con máis patrimonio indiano.

-    Santo Estevo do Ermo, refuxio de biodiversidade e patrimonio. A través deste itinerario retrocederemos milleiros de anos somerxéndonos na súa historia, patrimonio material e inmaterial, nos valores da súa fraga e nas orixes dalgunhas das especies que aquí atopamos. Máis aló da súa fervenza este pequeno bosque autóctono é unha caixa de sorpresas, un lugar para apreciar como se merece.

Todas as rutas son gratuítas. As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse páxina web de turismo municipal www.barreirosturismo.gal (sección ”Actualidade e Axenda”). Para resolver dúbidas poden contactar coa Oficina de Turismo municipal, teléfono 982 134 400.

Ana Ermida manifesta que “agardamos seguir dando pasos para ampliar a perspectiva turística de Barreiros e poñer así en valor o patrimonio que, ás veces, semella estar agochado e que, sen embargo, se atopa moi presente entre todas e todos nós”.

Imaxes: 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
CARREIRA E ANDAINA POPULAR SOLIDARIA DE REIS ESTE DOMINGO EN BARREIROS
OS REIS MAGOS CHEGAN A BARREIROS O 5 DE XANEIRO
BARREIROS INCREMENTARÁ A CAPACIDADE DO ABASTECEMENTO DE AUGA CON OBRAS EN REDE, BOMBEOS E DEPÓSITOS
O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA VIAXE A XUVENLUGO PARA A CATIVADA BARREIRENSE
REALIZADAS OBRAS DE ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE NA ESCOLA INFANTIL DE BARREIROS

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte