Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora que se celebra o 8 de marzo, a Concellería de Muller, Familia e Servizos Sociais e o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, organizaron o VII certame de poesía "a miña nai, muller traballadora". Neste certame participaron os alumnos e alumnas dos cursos de 4º, 5º e 6º Educación Primaria dos CEIP de San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante. O Sr. Alcalde, José Alfonso Fuente Parga, acudiu aos centros escolares para facer entrega dun agasallo aos gañadores e ao alumnado dos centros escolares pola súa participación na xornada da Muller Traballadora.