A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, achegouse na tarde de onte ata o posto central de socorrismo en Coto para felicitar ás e aos socorristas polo traballo desenvolto neste verán.
O Concello de Barreiros, a través da súa aula CeMIT, organizou durante as últimas semanas unhas xornadas tecnolóxicas para as rapazas e rapaces da Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Discapacidade da Mariña de Lugo (APNED).
O vindeiro martes, 26 de agosto, ás 12 horas, o centro sociocultural de San Cosme acollerá unha actuación familiar a cargo de Pakolas e a debuxante Laura Romero.