O alcalde, Alfonso Fuente, asegura que a auga das parroquias de Reinante, San Miguel e San Pedro é apta para o consumo a pesares do forte olor detectado estes días.
O rexedor contou que “dende hai dous días en Barreiros, sobre todo nas parroquias de Reinante, San Miguel e San Pedro, estase a notar un olor moi forte na auga. Un olor que se podería confundir cun exceso de cloro ou de lixivias”.