O alcalde, Alfonso Fuente, recolleu este mediodía en Bastiagueiro (A Coruña) as seis bandeiras azuis que recibiron os areais de As Pasadas, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Arealonga e Fontela-Valea. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, foron os encargados de entregar os galardóns.