O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá este venres, 5 de agosto, un espectáculo de teatro musical mesturado con maxia cómica. Animar-T representará “Laia, aprendiz de maga” a partir das 12:30 horas. Trátase dunha cita para todas as idades e enmárcase no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.
A historia conta “a admiración de Laia polo seu avó mago, vese destruída pola decisión de seu pai de levar ao avó a unha residencia. Laia fai o posible para conseguir que o avó regrese á casa”.