Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS ESTUDA AS CONSECUENCIAS DA NEGATIVA DE PARTE DO PERSOAL DE SOCORRISMO A CUMPRIR AS CONDICIÓNS LEGAIS DE TRABALLO E AS ORDES DA COORDINACIÓN

Data de publicación: 
xoves, 18 Xullo, 2019 - 13:51

A coordinación do servizo e o equipo de goberno consideran prioritario a cobertura de determinados areais que parte do persoal  se nega a cubrir.

O Concello de Barreiros estuda as consecuencias da actuación de parte do persoal de socorrismo que se negou a cumprir as indicacións do coordinador, deixando a praia de Coto sen cobertura.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, explica que “ao inicio da tempada propúxose que o propio persoal organizase o cuadrante, ao considerar que a profesionalidade e o seu coñecemento podería facilitar esta cuestión, amosando unha clara confianza cara as persoas que ocupan ditos postos. A realidade é que o cuadrante que se elaborou tomando como referencia anos anteriores incumpría a legalidade no relativo ao tempo de descanso e realización de horas extras, polo que tivo que ser modificado a posteriori.”

Partindo de non deixar areais con unha soa persoa, que o propio persoal marcou como liña vermella (pese a que o primeiro dos cuadrantes elaborado por eles mesmos non cumpría esa premisa)  elaborouse un cuadrante no que se cubrían algunhas praias, entre elas a de Coto só en fins de semana. “A raíz do rescate que se levou a cabo o domingo pasado, onde foi fundamental a participación do persoal que estaba en Coto, e tendo en conta a extensión, perigosidade  e afluencia desa praia, desde o goberno, con asesoramento do coordinador, optouse por asignar dúas persoas que estaban noutro areal a Coto.”

Esta indicación foi trasladada ás persoas interesadas polo coordinador e tamén pola propia alcaldesa, negándose a cumprila e deixando desatendida a praia de Coto, producíndose unha clara situación de indisciplina e desobediencia no traballo que, ademais, está afectando á prestación do servizo.

O goberno do PP non afrontaba as súas obrigas e cedía sistematicamente a calquera petición, sen analizar as consecuencias de seguridade, legalidade e económicas.

Desde o goberno municipal aseguran que esta situación vén dada pola falta de planificación anterior e porque non existía en tempadas anteriores un organigrama claro, á vista de que a organización se realizaba polo propio persoal, mesmo incumprindo a legalidade laboral.

En tempadas anteriores a organización do servizo non atendía a criterios do goberno, senón que se coordinaba desde o servizo, producíndose claras situacións de ilegalidade e de despilfarro económico.

O goberno que presidiu Alfonso Fuente dedicouse exclusivamente a asinar nóminas de miles de euros (algunhas próximas aos 3.000 euros líquidos mensuais) para evitar afrontar as súas responsabilidades. “Polo tanto, que non veña agora a dar leccións de nada, porque a situación actual é consecuencia da súa falta de xestión e da súa incapacidade para gobernar; xa que este traballo tiña que quedar organizado de antes. Porque el tivo coñecemento da redución da subvención da Xunta mentres era alcalde e non moveu un dedo para defender os intereses de Barreiros nin para tentar salvar a situación. ”

“Vir agora a erixirse en portavoz do persoal de socorrismo cando mentres gobernou nin se dignaba a reunirse con eles, di moito do tipo de político e de gobernante que foi e é.”, conclúe Ana Ermida.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL
A AULA CEMIT DE BARREIROS ACOLLERÁ O EXAME COMDIX DE NIVEL INICIACIÓN
BARREIROS LANZA A LICITACIÓN DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO TELECLUB DE SAN COSME
BARREIROS INICIARÁ NESTE 2026 AS CONEXIÓNS PEONÍS E CICLABLES COAS PRAIAS

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte