Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN PARA DEMANDAR A COBERTURA DAS AUSENCIAS DO PERSOAL DO CENTRO DE SAÚDE

Data de publicación: 
xoves, 9 Outubro, 2025 - 14:32

A veciñanza leva máis dunha semana sen atención médica básica pola falta de substitución do persoal facultativo.

O Concello de Barreiros vén de convocar unha concentración diante do Centro de Saúde para o luns, 13 de outubro, ás 12:00 horas, coa finalidade de demandar a cobertura urxente das ausencias do persoal médico e denunciar a situación crítica que sofre o servizo sanitario no municipio.

Dende fai unha semana, o Centro de Saúde de Barreiros atópase sen cubrir ningunha das tres prazas de médicos e médicas, deixando á poboación sen acceso á atención médica básica e provocando unha espera por consultas de ata tres semanas.

Esta situación chega logo dun verán cunha saturación evidente dos servizos, só salvados pola profesionalidade e implicación do persoal que, como e evidente, agora acusa as consecuencias desa situación.

O Centro de Saúde de Barreiros leva anos soportando a aplicación de recortes en servizos á poboación (persoal para persoas desprazadas no verán, pediatría, matrona, etc.) e de desprestixio dunha sanidade primaria pública que é porta de entrada e primeiro contacto co servizo sanitario.

A alcaldesa, Ana Ermida, sinala que “a falta de resposta do Sergas e da Consellería ante esta situación só pode indicar a pasividade na vontade para darlle solución mentres se deteriora un servizo público esencial para a veciñanza”.

Desde o Concello de Barreiros considérase imprescindible visibilizar o malestar e a preocupación da poboación, polo que se fai un chamamento á veciñanza para concentrarse diante do Centro de Saúde o vindeiro luns, 13 de outubro, ás 12 horas para demandar a cobertura das ausencias do centro de saúde e defender un dereito básico como é o acceso á sanidade pública.

Porque coa saúde non se pode xogar! Acude!

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ENTROIDO BARREIROS 2026
CONTINÚAN AS OBRAS DE MELLORA DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN BARREIROS
BARREIROS ACOLLERÁ O FINAL DA ETAPA LUCENSE DE O GRAN CAMIÑO 2026
BARREIROS PROMOCIÓNASE EN FITUR COMO ESPAZO DE NATUREZA E TURISMO ACTIVO
O PAVILLÓN MUNICIPAL DE BARREIROS ESTREA MARCADOR E CÍRCULO CENTRAL

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte