Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS AMPLIA O PROGRAMA +IGUALDADE CO FOCO NAS CRIANZAS E MULLERES

Data de publicación: 
xoves, 29 Febreiro, 2024 - 13:05

As actividades programadas ocuparán os meses de febreiro e marzo.

O Concello de Barreiros iniciou a semana pasada unha serie de actividades enmarcadas no programa +Igualdade cunha xornada formativa para o persoal da Escola Infantil Municipal centrada na detección temperá de sinais de alarma que afectan ao desenvolvemento evolutivo das nosas crianzas. A xornada formativa foi impartida de xeito altruísta pola Asociación Guillén Veiga Iglesias e responde á aposta deste goberno pola formación troncal e continuada das persoas que educan ás nosas crianzas desde os seus primeiros anos de vida, que son claves no axeitado desenvolvemento integral das mesmas.

A alcaldesa, Ana Ermida, expresou que "Consideramos fundamental promover unha educación igualitaria desde as etapas máis temperás da vida. As actividades do programa +Igualdade son clave para construír unha sociedade máis xusta e equitativa".

Neste contexto, a concelleira de igualdade, Montse Porteiro, fixo entrega na Escola Infantil dunha colección de contos infantís financiados con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Estes abordan temas esenciais na formación das crianzas tales como emocións, estereotipos de xénero, diversidade, sexualidade e prevención de abusos, sempre adaptados as súas idades. "É un deber proporcionarlles ferramentas desde moi cedo que promovan a igualdade, a empatía e o respecto mutuo. Estes contos financiados grazas aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero son un paso importante nesa dirección", afirmou Porteiro.

As actividades do mes de marzo centraranse nas mulleres e crianzas.

As actividades planificadas para marzo polo goberno barreirense, centradas nas mulleres e nas crianzas, foron detalladas pola concelleira de igualdade, Montse Porteiro. “Comezaremos o mes de marzo con outra actividade formativa na Escola Infantil Municipal ofrecendo un curso para as e os traballadores centrado na aprendizaxe de primeiros auxilios nas idades pediátricas, formación catalogada como imprescindible pola comunidade científica e que permite salvar a vida das nosas crianzas cando se presentan episodios graves como un atragoamento ou unha apnea”. A formación terá lugar o próximo 4 de marzo e será impartida por Matronas e Nais.

No marco do Día Internacional da Muller, 8 de marzo, está programada a lectura do manifesto institucional na Praza do Concello ás 13 horas. A concelleira tamén anunciou un obradoiro de musicoterapia para mulleres impartido pola musicóloga e musicoterapeuta María Fuente no centro sociocultural de San Cosme ás 11 horas. “O obxectivo deste obradoiro, -Sandar desde a creatividade-, non é outro máis que a creación dun espazo pensado para as mulleres onde expresarnos a través da música, crear e traballar o autocoidado, tantas veces esquecido pola dedicación aos demais no papel de coidadoras que a sociedade ten reservado tradicionalmente para as mulleres.” Para participar neste obradoiro é precisa a reserva de praza no teléfono 629.668.251.

Para rematar o mes de marzo, a área de Igualdade programa unha nova edición, por terceiro ano consecutivo, da Escola de Familias impartida por Disciplina Positiva A Mariña. Montse Porteiro sinalou que “estes obradoiros, que se desenvolverán con periodicidade mensual a partir do 23 de marzo, abordarán cuestións tan importantes como a igualdade, o respecto, á diversidade, a identificación e evitación dos abusos, as enfermidades de transmisións sexuais que están a aumentar na poboación xeral máis tamén na adolescencia, ou a autoestima e autoconfianza”. Estes obradoiros darán comezo o sábado 23 de marzo ás 10 horas no centro sociocultural de San Cosme e consistirán en tres sesións con periodicidade mensual. Haberá tamén un espazo adicado ás crianzas co obxectivo de facilitar a conciliación á vez que se lles proporciona tamén formación mentres xogan ou desenvolven actividades.

O Concello de Barreiros celebra a continuidade e a participación veciñal cada vez maior e anima á comunidade a implicarse nas actividades programadas, financiadas tamén con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Imaxes: 

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
A AULA CEMIT DE BARREIROS ORGANIZA UN CURSO PARA APRENDER A USAR O SMARTPHONE
O TANGO SOARÁ ESTE DOMINGO, 21 DE FEBREIRO, NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.
DOAZÓN DE SANGUE EN BARREIROS
FESTIVAL DE ENTROIDO
ATA O 7 DE MARZO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS POR FILLO MENOR A CARGO PARA O ANO 2016

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 136
  • 137
  • 138
  • 139
  • 140
  • 141
  • 142
  • 143
  • 144
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte