Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O CONCELLO COLABOROU COA CENA BENÉFICA EN APOIO DA ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA O CANCRO CELEBRADA O PASADO VENRES

Data de publicación: 
luns, 9 Maio, 2016 - 15:12

O CONCELLO COLABOROU COA CENA BENÉFICA EN APOIO DA ASOCIACIÓN DE LOITA CONTRA O CANCRO CELEBRADA O PASADO VENRES. A CONCELLEIRA ADELA RODRÍGUEZ MOSTRA O SEU AGRADECEMENTO A TODAS AS PERSOAS QUE ACUDIRON E ÁS EMPRESAS QUE APORTARON OBSEQUIOS PARA SER SORTEADOS.

O Concello colaborou coa cena benéfica en apoio da loita contra o cancro celebrada o pasado venres, día 6 de maio. Nela participaron 167 persoas ás que a concelleira Adela Rodríguez agradece a súa asistencia. Tamén estiveron presentes o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, entre outros.

A edil Adela Rodríguez manifestou que “queremos dar as grazas a todas as persoas que nos acompañaron na cea o venres día 6, en apoio da loita contra o cancro, así como a todas as persoas que axudaron cos seus donativos e ás empresas que nos deron distintos obsequios para sortear gratuitamente na cena”.

Adela Rodríguez dixo que “non podemos pasar sen dar as grazas ao restaurante A Yenka pola atención exquisita que sempre mostra con esta cena. Tamén queremos puntualizar que as persoas importantes desta cena non somos as que organizamos senón as que nos acompañan, que co seu donativo fan posible que esta enfermidade cada vez teña un futuro mellor co traballo dos investigadores, xa que eles poñen o seu grao de area para poder pagar a súa investigación”.

A edil barreirense subliñou que “nesta cena varias persoas que sufriron esta enfermidade, incluso algunhas operadas ata tres veces de distintos tumores, cearon, bailaron e o pasaron ben con esperanza de vida vendo a colaboración das persoas de Barreiros e algunhas doutros concellos, polo que de novo lles damos as grazas con todo o noso afecto e deles tamén”.

Adela Rodríguez concluíu: “non teño verbas para mostrar a nosa alegría e gratitude en ver o comedor cheo de xente. De novo grazas, grazas”.

Categorías:

  • Concello
  • Eventos
Otras noticias: 
HOXE FORON PRESENTADAS NO CONCELLO AS CARREIRAS MONTE COMADO, QUE SE CELEBRARÁN OS DÍAS 14 E 15 DE OUTUBRO.
O ALCALDE BARREIRENSE PROPÚXOLLE AO PRESIDENTE DA XUNTA QUE SE AFRONTE A MELLORA DO SANEAMENTO NO MUNICIPIO EN VARIAS ANUALIDADES. O PROXECTO QUE CONTEMPLA A CONSTRUCIÓN DA NOVA DEPURADORA DE SAN MIGUEL DE REINANTE SUPORÍA UN INVESTIMENTO DE 4.700.000 EUR
PUBLÍCASE A ACTA COAS PUNTUACIÓNS DO PROGRAMA DEPUEMPREGO
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE BARREIROS
DENDE O 15 Ó 29 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR UNHA EXPOSICIÓN DE DEBUXO E POESÍA NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 119
  • 120
  • 121
  • 122
  • 123
  • 124
  • 125
  • 126
  • 127
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte