Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Tras o parón do verán, o club de lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros, retoma a súa actividade cunha nova xuntanza este sábado, 20 de setembro, ás 12:00 horas na propia biblioteca.
O libro escollido para esta sesión é “O derradeiro libro de Emma Olsen” de Berta Dávila.
Ademais, seguimos contando coa escritora mariñá Antía Yáñez, que será a encargada de coordinar e conducir o club unha tempada máis.
Adiantámosvos tamén que, durante o parón estival, sumáronse novas incorporacións e actualmente xa somos 18 persoas compartindo lecturas e conversas.
Se ti tamén estás interesado/a en unirte para desfrutar da literatura en boa compañía, achégate a biblioteca municipal en horario de 9:30 a 14:30 horas; alí facilitaranvos máis información e resolverán as vosas dúbidas.