Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O alcalde, Alfonso Fuente, mantivo esta mañá varias xuntanzas de traballo en Fitur. Unha delas foi coa axencia Pilgrim para tentar incrementar o número de peregrinos que pasen por Barreiros e que pernocten no seu albergue.
Alfonso Fuente explicou que “pola mañá, aquí en Madrid en Fitur, tivemos unha reunión, como estaba previsto, ás dez da mañá coa axencia Pilgrim, que se dedica a mover grupos de peregrinos polos distintos camiños, tamén polo Camiño Norte, para trasladarlle a reforma que estamos a facer no noso albergue e para que na súa páxina implementen información do noso concello”.
O alcalde dixo que “queremos darnos a coñecer traballando xa no inicio da relación público-privada que debe existir sempre, para poder colaborar con eles e que eles colaboren tamén con nós, co Concello, e traernos eses grupos de peregrinos. Trasladámoslle que se debería facer, porque moitos peregrinos así o demandan, a etapa Ribadeo-Barreiros e Barreiros-Mondoñedo, en lugar doutras que se realizan na actualidade. Esta era a primeira reunión que tíñamos cos responsables de Pilgrim”.
Fuente Parga engadiu que “tivemos outra reunión na que vimos ese proxecto que imos presentar á Axencia Galega de Turismo para sinalización dos recursos turísticos do noso concello, vendo as posibilidades e como se podería facer para ter toda esa información a man”.