Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O ALCALDE DEMÁNDALLE Á DEPUTACIÓN O ARRANXO DA ESTRADA DA PRAIA E AGARDA MANTER UNHA REUNIÓN COA CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE PARA TRATAR A SITUACIÓN DA DEPURADORA DE AREALONGA, EN REINANTE

Data de publicación: 
martes, 23 Maio, 2017 - 17:35

O alcalde, Alfonso Fuente, fai un balance positivo das visitas cursadas estes días polo presidente da Deputación e polo delegado territorial da Xunta en Lugo. O rexedor plantexoulle a Darío Campos a necesidade de arranxar algunhas estradas de titularidade provincial, como a da praia. Por outra banda, Alfonso Fuente falou con José Manuel Balseiro da situación da depuradora de Reinante. O alcalde está á espera de manter unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para abordar esta problemática.

Fuente Parga relatou que “a verdade é que nestes días aquí en Barreiros que recibía tanto ao presidente da Deputación Provincial, Darío Campos, como ao delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, foron unhas visitas para informar do que se invertira no noso concello por parte destas dúas administracións. Tamén tanto con Darío Campos como con José Manuel Balseiro falamos dunha serie de demandas que hai entre os veciños de Barreiros”.

O alcalde sinalou que “coa Deputación Provincial falamos do estado da súa rede viaria. Nalgúns casos hai que ir intentando mellorala, como por exemplo a estrada da praia. Tamén nos anunciaba o propio presidente que a estrada que baixa desde Trabada, no tramo que hai desde A Insua ata a estrada nacional 634, e máis a derivación que baixa ao centro de San Cosme, van intentar arranxala ou aglomerala de inmediato. Falamos tamén da situación das praias e o presidente da Deputación se interesou por este tema”.

Alfonso Fuente engadiu que “co delegado territorial da Xunta estivemos visitando as obras e tamén se mostrou interesado por ver cómo estaba a situación da depuradora de Arealonga, en Reinante. Estábamos pendentes tamén de ter unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, que xa estaba pechada pero por problemas de axenda non puido ser. Estamos pendentes de que se poña unha nova data. Hai que ver cómo podemos arranxar ese pequeno problema que temos aí, de cara a ver si se pode facer algo antes deste verán”.

O alcalde barreirense quere “agradecerlles tanto a un como a outro a súa visita e o seu interese polo noso concello, e creo que entre todos hai unha boa sintonía por seguir traballando para traer novos investimentos ao noso concello”.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
O CONCELLO FIXO OBRAS DE MANTEMENTO NO COLEXIO DE SAN MIGUEL.
O CONCELLO REPARTE ESTES DÍAS ENTRE OS VECIÑOS E VECIÑAS O CALENDARIO DE 2018, QUE INCLÚE FOTOS DE ANDRÉS BOURIO
PRESENTADA NO CONCELLO A FESTA DE PAPÁ NOEL, QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO SÁBADO
O ESPECTÁCULO INFANTIL PICARIÑO ESTARÁ EN BARREIROS O 26 DE DECEMBRO
O DOMINGO, 17 DE DECEMBRO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO AXÓUXERES PORÁ EN ESCENA “NON CASEI CON TODOS”

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 99
  • 100
  • 101
  • 102
  • 103
  • 104
  • 105
  • 106
  • 107
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte