Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

O 5 DE XANEIRO TERÁ LUGAR A CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DE REIS EN BARREIROS

Data de publicación: 
venres, 13 Decembro, 2019 - 09:27

Na maña de onte foi presentada a Carreira Popular Solidaria de Reis e a I Andaina Solidaria que por primeiro ano organiza o Concello de Barreiros.

Barreiros, 13 de decembro de 2019. O 5 de xaneiro terá lugar a Carreira Popular Solidaria de Reis (7km) e a I Andaina Solidaria (10km), ámbalas dúas organizadas pola área de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros que este ano colle o relevo da organización dunha carreira que se iniciou fai xa 20 anos.

“Queremos darlle un novo enfoque a esta mítica carreira, retomando na proba absoluta un dos circuítos que mais lle gusta ós/ás corredores/as, cunha distancia de 7 km e a creación da primeira andaina solidaria que compartirá parte do recorrido da carreira e contará  cunhas vistas espectaculares no entorno da Lagoa dos patos e a Ría do Masma” indica o edil Dani García.

Unha proba solidaria 

Parte do recadado coas inscricións tanto na carreira como na andaina será doado a APNED (asociación de pais e nais de nenos con discapacidade da Mariña Lucence) con sede en Barreiros, e da cal forma parte Nico Veiga que foi un dos precursores da carreira no ano 2000. "Decidimos darlle un novo impulso a esta proba mantendo as raíces e a súa razón de ser, unha proba para os verdadeiros/as reis e raíñas, os/as nenos/as, polo que colaboramos cunha asociación que traballa día a día con eles/elas e tamén é unha forma de agradecerlle ós precursores desta carreira, tanto Nico, Suso e os demais colaboradores que sempre fixeron desta data un referente polos seus valores" comenta Dani García, concelleiro de Dinamización e Participación Veciñal.

O prazo de inscrición, que xa se atopa aberto, finaliza o 2 de xaneiro. As inscricións para as categorías menores será de balde e formalizarase dende a web www.championchipnorte.com. Para a inscrición da andaina existe tamén a posibilidade de facelo na Biblioteca Municipal ou no Concello.

Dende o Concello de Barreiros animan a toda a veciñanza a que participe nas probas así como agradecen a todas as empresas e particulares que desexen colaborar co evento.

Ficheiros: 

regulamento_carreira_reis_barreiros.pdf

regulamento_carreira_reis_barreiros.pdf

Media Folder:

  • Media Root

Categorías:

  • Deportes
Otras noticias: 
BARREIROS CELEBRARÁ O ENCONTRO DA 3ª IDADE O 27 DE NOVEMBRO
BARREIROS ACOLLERÁ ESTE VENRES A XORNADA ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS
ESTE DOMINGO CELÉBRASE A CARREIRA POPULAR “AO SON DO MASMA” EN BARREIROS QUE PECHA O CIRCUÍTO +KMSBARREIROS 2025
O CONCELLO DE BARREIROS MELLORA O PARQUE EMPRESARIAL CUN INVESTIMENTO DE 83.000 EUROS
CURSOS GRATUÍTOS DE AULA MENTOR

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte