Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organiza para este 2024 unha nova edición de Escola de Familias á que se lle da continuidade desde o 2022 dentro do seu programa +Igualdade Barreiros.
Esta edición volverá a ser impartida por Disciplina Positiva A Mariña e contará con 3 obradoiros que se desenvolverán mensualmente.
O primeiro deles terá lugar o vindeiro 23 de marzo e tratará sobre o papel da familia na educación afectivo-sexual.
O segundo versará sobre os modelos de relacións positivas e terá lugar o 27 de abril.
E o terceiro e último obradoiro celebrarase o 25 de maio e afondará sobre o uso de internet e a sexualidade.
Como vedes, estes obradoiros abordarán cuestións moi importantes na educación como son a igualdade, o respecto, a diversidade, a identificación e evitación dos abusos, as enfermidades de transmisión sexual, a autoestima e a autoconfianza.
As inscricións xa están abertas e para formalizala débese de acudir ao Concello de Barreiros.
Para facilitar a asistencia, ofrecerase un espazo paralelo dedicado ás crianzas co obxectivo de facilitar a conciliación á vez que se lles proporciona formación mentres xogan e desenvolven actividades.
23 de marzo -> Papel da familia na educación afectivo-sexual
27 de abril -> Modelos de relacións positivas
25 de maio -> Internet e sexualidade
As 3 xornadas serán de 10:00 a 12:00 horas no centro sociocultural de San Cosme.
- Ficha de inscrición Escola de Familias 2024
- Obradoiros Escola de Familia 2024