Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

LOCAIS HOSTALEIROS E OFICINA DE TURISMO DE BARREIROS AXUDARÁN ESTA SEMANA SANTA A OBTER OS PASES DE ACCESO ÁS CATEDRAIS

Data de publicación: 
xoves, 17 Marzo, 2016 - 15:26

LOCAIS HOSTALEIROS E OFICINA DE TURISMO DE BARREIROS AXUDARÁN ESTA SEMANA SANTA A OBTER OS PASES DE ACCESO ÁS CATEDRAIS, PARA QUE NINGUÉN QUEDE SEN VISITAR ESE AREAL RIBADENSE. O ALCALDE ABOGA POLA COLABORACIÓN ENTRE INSTITUCIÓNS E SUBLIÑA A IMPORTANCIA QUE TEN PARA O TURISMO DA COMARCA ESA PRAIA.

Os locais hostaleiros e a oficina de turismo de Barreiros axudarán esta Semana Santa a obter pases de acceso á praia das Catedrais para que ninguén quede sen visitar ese areal ribadense. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, sinala que Barreiros toma esta decisión, xa que nin Xunta nin Concello de Ribadeo se encargarán desa tarefa a pé de praia, aínda que si o fixeron o pasado verán. 

O alcalde manifestou que “desde o Concello de Barreiros para a Semana Santa, tendo en conta que este municipio é turístico e que recibimos moitísimos visitantes sobre todo na Semana Santa xente que ao mellor despois se anima a vir polo verán, que ao mellor nunca estivo aquí e decide vir coñecer esta zona, dado que a praia das Catedrais tira moito aínda que está no concello de Ribadeo. No momento en que tivemos coñecemento de que tanto o persoal que pon a Xunta alí como o propio Concello de Ribadeo non van colaborar en sacar eses pases para aquela xente que chegue alí sen eles, o que fixemos foi poñernos en contacto con todos os locais de hostalería de Barreiros para que faciliten esa labor a calquera turista que queira visitar esa praia poida facelo”.

Alfonso Fuente engadiu: “sabemos que é unha praia que dado que está protexida necesítase ese pase para poder acceder a ela e entonces toda aquela xente que chegue e que por descoñecemento non sabe que hai que sacar o pase poida acercarse a calquera local de hostalería de Barreiros onde van colaborar sacando eses pases. Tamén a Oficina de Turismo do Concello de Barreiros vai permanecer aberta estes catro días, xoves, venres, sábado e domingo. Xoves e venres en horario de 10:00 a 14:00 horas, e sábado e domingo de 10:00 a 12:00 horas coincidindo coa horas de marea baixa”.

Finalmente o rexedor barreirense subliñou que “eu creo que, independentemente de que esa praia estea no concello de Ribadeo, temos que colaborar. É un motor importante para o turismo e o que queremos é que a xente que veña nesta Semana Santa aquí A Mariña se sinta cómoda e non se marche sen poder ver ese espazo que é moi bonito. Ao mesmo tempo que tamén os invitamos a gozar de tódalas praias de Barreiros, deses oito quilómetros de areais que temos aquí. A previsión meteorolóxica a verdade é que de momento non é moi boa, pero si ven un pouco de sol que poidan gozar de toda a nosa costa”.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ DE NOVO O CAMPUS FUNDACIÓN CELTA DE VIGO ESTE VERÁN
CAMPAMENTO DE VERÁN 2023
BARREIROS PRESENTA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE MAIO XUÑO E XULLO
O CONCELLO DE BARREIROS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TRABALLAR COMO SOCORRISTA NAS PRAIAS BARREIRENSES ESTE VERÁN
EN LICITACIÓN NOVOS ARRANXOS DE CAMIÑOS EN BARREIROS POR IMPORTE DE MÁIS DE 280.000 EUROS

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte