Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Publícase a licitación para a explotación dunha caseta de informaicón ó visitante e promoción de productos artesáns fronte a praia de Arealonga
A licitación, que ten por obxecto a concesión do uso privativo do dominio e uso público municipal para a explotación e mantenimiento dunha caseta para información ó visitante e promoción de productos artesáns, saé publicada no día de hoxe, xoves 4 de xuño, no BOB Lugo.
O prazo de presentación de instancias é de DEZ DÍAS NATURAIS (dende o 05/06 ó 15/06 ambos inclusive) a contar dende o seguinte ó da publicación deste anuncio (de 9:00 a 14:00 horas, no Rexistro xeral do concello de Barreiros- Rua Vila, 63, 27790, San Cosme de Barreiros), tamén poderán remitirse por correos, pero nese caso deberán enviar, antes de que finalice o prazo de presentación de ofertas, un fax co xustificante do envío por correo. Os pregos e os modelos de documentos a presentar están íntegramente publicados na sede electrónica do concello https://barreiros.sedelectronica.es, (no apartado tablón de anuncios), no taboleiro de anuncios físico do concello e na páxina web municipal www.concellodebarreiros.gal.
Calquera dúbida poden contactar con secretaría en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres no concello, telefónicamente (982124002) ou no correo electrónico secretaria@concellodebarreiros.gal
EMPREZAMENTO:
- Explanada do paseo marítimo ubicada na baixada da praia de Arealonga (Santiago de Reinante)
- Superficie ocupada: 20 m2 aprox. (2 casetas)
- Empregaranse as casetas de titularidade municipal existentes.
DOCUMENTACIÓN:
- Anexo I. Declaración responsable
- Anexo II. Proposición económica.