Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
BANDO
Unha vez recuperada a normalidade nos parámetros de consumo da auga da traída municipal, debido ao descenso de demanda da poboación flotante que se produciu durante a tempada alta de verán, é posible suavizar as prohibicións decretadas o pasado 7 de agosto mediante a resolución 463/2021 desta alcaldía, flexibilizando o seu uso.
En consecuencia, derrógase a resolución antedita, que establecía a prohibición de utilización, ata novo aviso, da auga potable da traída municipal para usos non prioritarios como regos de xardíns (quedando exceptuadas as plantacións de alimentos), enchido de piscinas ou similares, limpezas de vehículos ou espazos ao aire libre e calquera outro uso que non respondese a necesidades básicas de persoas ou animais. A data de efectos desta derrogación será o 1 de setembro de 2021.
Non obstante, e tendo en conta a escaseza de precipitacións dos últimos meses (37,7l/m2 na suma dos meses de xullo e agosto) e tendo en conta que a auga é un ben escaso cuxo uso se debe racionalizar, en virtude da autoridade que me confire a lexislación vixente, recoméndase o uso moderado da auga da traída municipal, reducindo na medida do posible consumos superfluos que poidan supor un malgasto deste ben natural e escaso