Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

INICIADAS AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE AOS NÚCLEOS DA ÁSPERA E VILAR EN SAN COSME

Data de publicación: 
venres, 9 Setembro, 2022 - 13:58

Os investimentos na rede dos últimos tres anos permitiron un mellor uso da auga e un verán sen apenas incidencias no municipio.

Barreiros, 9 de setembro de 2022. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, acompañada do goberno municipal, visitou nesta semana o inicio das obras de renovación da tubaxe de abastecemento de auga potable entre San Cosme e os núcleos de A Áspera e Vilar.

Os traballos, que se levarán a cabo nas vindeiras semanas, suporán a renovación da canalización desde San Cosme por medio de tubaxe de 160mm de diámetro ata o cruce de enganche coa rede de subministro a ditos barrios, así como a execución das arquetas de conexión precisas para garantir o abastecemento a ambas poboacións. Estas obras, foron adxudicadas por un importe de 65.027,46 euros á empresa Construcciones y Canalizaciones José Saa, SL; contando cun finanzamento do 95% da área de medio rural da Deputación Provincial de Lugo, dirixida por Mónica Freire.

A alcaldesa explicou que “este tramo do abastecemento atópase en dous estados diferentes: un primeiro tramo que está executado en precario desde hai bastantes anos -a raíz dos continuos problemas que xurdían na zona-, con unha tubaxe ao aire libre que non cumpre cos mínimos urbanísticos nin de saúde pública, que se trata dun material plástico exposto ás inclemencias meteorolóxicas e polo tanto, ás modificacións que poida sufrir o material polo que discorre a auga potable como consecuencia dos cambios de temperaturas. Un segundo tramo, discorre por tubaxe antiga de fibrocemento que está sometida a continuos cambios de presión en función do consumo e que xera constantes problemas de roturas e avarías que inciden na calidade do subministro de auga que chega a fogares e explotacións existentes.”

Montse Porteiro, concelleira responsable deste servizo, explicou que “se agardou ao final do verán para iniciar as obras co fin de non afectar ao subministro nunha época na que o consumo se incrementa moitísimo e adoita haber máis dificultades. En todo caso, as obras prevén a súa finalización no mes de outubro, polo que queremos pedir comprensión ás persoas que poidan verse afectadas, ben no propio subministro, ben no uso da estrada que baixa cara Viladaíde, xa que afectan a parte da mesma; aínda que se tratarán de minimizar as molestias.”

Revisión e mellora da rede, clave para un uso racional da auga.

Deste xeito, o Concello de Barreiros continúa a realizar investimentos na rede de abastecemento de auga potable poñendo solucións a problemáticas existentes desde hai moitos anos e que afectaban dun xeito moi importante ao subministro.

Nos últimos tres anos, os investimentos na rede e elementos de abastecemento de auga aproximáronse ao medio millón de euros; o que permitiu atallar grandes problemáticas existentes desde había anos que afectaban notablemente ao servizo que se ofrecía desde o Concello. Neste sentido, a alcaldesa lembra que “este verán, pese á complicada situación hidrolóxica a nivel xeral que supuxo o estado de prealerta de seca desde o mes de febreiro, en Barreiros non existiron incidencias importantes no subministro e por primeira vez en anos, as recomendacións quedaron só niso e non houbo que establecer prohibicións.”

A concelleira delegada encargada do abastecemento de auga potable, Montse Porteiro, amósase satisfeita cos resultados das xestións realizadas, mais anima a “manter a prudencia, pois a situación climática é complexa e a declaración de seca segue vixente; polo que podemos ter un outono complicado en canto ao nivel de auga nos acuíferos.” En calquera caso, Porteiro resalta “ a importancia de realizar traballos que moitas veces non se perciben desde a veciñanza, como a renovación de tubaxes ou a posta en marcha de protocolos de funcionamento que permiten que a auga potable que chega aos fogares non só estea garantida, senón que mellorara notablemente a súa calidade; como acontece cos episodios de turbidez que, se ben é certo que se continúan a producir como consecuencia de ter unha captación natural dun río, foron reducidas ao mínimo e só se dan en momentos moi concretos.”

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
O ESPECTÁCULO INFANTIL PICARIÑO ESTARÁ EN BARREIROS O 26 DE DECEMBRO
O DOMINGO, 17 DE DECEMBRO, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO AXÓUXERES PORÁ EN ESCENA “NON CASEI CON TODOS”
BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CUNHA XORNADA DE AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓN DE RISCOS OU AMEAZAS
FUENTE PARGA LEMBROU HOXE QUE O ARRANXO DA ESTRADA QUE DISCORRE ENTRE VILAMAR E O ALTO DE CABARCOS ERA UNHA VELLA REIVINDICACIÓN DO CONCELLO BARREIRENSE.
HOXE FORON ASINADOS NO CONCELLO OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COS DOUS CLUBS DE FÚTBOL DO MUNICIPIO, O CELTA BARREIROS E O IBEIRA

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 99
  • 100
  • 101
  • 102
  • 103
  • 104
  • 105
  • 106
  • 107
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte