Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Compartimos para coñecemento xeral un informe de secretaría-intervención no que se explica a situación económica municipal. O documento é de sumo interese, pois determina as posibilidades orzamentarias e económicas dos seguintes anos, especialmente do orzamento do ano 2020, sobre o que é tempo de comezar a traballar.
Desde o goberno municipal temos o convencemento de que é preciso afrontar a realidade de xeito serio e rigoroso, rompendo a dinámica económica que se viña mantendo en Barreiros e que coloca a este Concello nunha situación límite.
Acreditamos tamén na necesidade de transparencia e de público coñecemento da situación, polo que nas vindeiras datas organizaremos reunións nas parroquias nas que, sen dubida se falará disto.
VER INFORME SECRETARIA-INTERVENCIÓN