Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Barreiros repite as súa proposta de visita guiada xeolóxica polo litoral ante o alto interese que espertou esta actividade turística o ano pasado.
O litoral de Barreiros presenta unha interesante xeodiversidade que soe pasar desapercibida, un patrimonio natural que nos axuda a entender a historia do planeta terra. Do mesmo xeito, o turismo xeolóxico é unha modalidade que contribúe a poñer en valor a identidade do territorio, pois as súas características xeolóxicas inflúen na variedade e disposición da flora e fauna así como na paisaxe e cultura dunha rexión.
Durante este percorrido poderase coñecer como se crean as furnas e arcos que se presentan ao longo desta franxa costeira e que recordan aos da coñecida Praia das Catedrais. Falarase tamén das diversas rochas que atopamos ao longo do roteiro e da súa xénese ou descubriremos curiosos espazos nos que se preservan restos de primitivos arrecifes de coral e mesmo unha turbeira con restos fósiles de milleiros de anos de antigüidade.
Data: Sábado 16 de abril
Saída: ás 10.00h do aparcamento da Praia de Arealonga. Coordenadas: 43.556231, -7.177620. Enlace a Google Maps: https://bit.ly/3qg3DVJ
Distancia lineal: 3.5Km aprox. Dende a Praia de Arealonga ata a praia de Fontela-Valea. Non inclúe o regreso ao punto de partida.
Duración: 3 horas e media aprox. (sen contar o regreso ao punto de partida estimado en 30 minutos).
Dificultade: Moderada.
Prazas limitadas: o número de prazas que se ofertará será dun máximo de 20 participantes. Estas cifras poderán variar en función das restricións sanitarias vixentes no momento por mor da Covid-19.
Idade mínima para participar: 5 anos. Os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal.
Prezo: gratuíta. Inclúe seguro de accidentes e de Responsabilidade Civil.
Recomendacións: roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou de trekking) e adaptados ás condicións meteorolóxicas, auga, algo para picar (froita, froitos secos, etc), mascarilla, xel hidroalcohólico. Nota: camiñarase sobre area e zonas rochosas.
INSCRICIÓN:
A inscrición para esta actividade realizarase exclusivamente por correo electrónico a turismo@concellodebarreiros.gal e implicará que tódolas persoas que solicitan praza en nome propio ou como pai/nai/titor dos/as menores de idade coñecen e aceptan as condicións de participación que se poden atopar no seguinte seguinte enlace: CODICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
O correo electrónico solicitando a praza ou prazas deberá conter os seguintes datos* (copiar e pegar para maior comodidade):
*Cubrir por orde para cada un dos participantes:
Nome e apelidos:
DNI:
Idade na data da actividade (menores de idade):
Teléfono de contacto:
Correo electrónico alternativo (opcional):
Procedencia:
PRAZO DA SOLICITUDE:
O prazo de solicitude abrirase o venres 8 de abril e pecharase o venres 15 ás 12.00h. As persoas que non obtivesen praza por completarse o cupo dispoñible pasarán a formar parte da lista de agarda para o caso de posibles cancelacións.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS E FORMALIZACIÓN DA INSCRICIÓN:
As prazas asignaranse por orde de entrada dos correos electrónicos á dirección anteriormente indicada.
Formalización da inscrición: unha vez realizada a solicitude, o concello contactará vía correo electrónico co/coa solicitante para confirmarlle se obtivo ou non praza.
MODIFICACIÓN OU CANCELACIÓN DA ACTIVIDADE POLA ORGANIZACIÓN:
A organización resérvase o dereito a cancelar ou aprazar a celebración desta actividade así como de modificar a súa planificación en función de: número de inscricións, condicións meteorolóxicas ou marítimas, causas de forza maior, así como por restricións sanitarias ou circunstancias similares comunicándoo aos/ás inscritos/as.
CONTACTO PARA CONSULTAS:
Oficina municipal de Turismo: 982 134 400 / turismo@concellodebarreiros.gal