Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

FUENTE PARGA LEMBROU HOXE QUE O ARRANXO DA ESTRADA QUE DISCORRE ENTRE VILAMAR E O ALTO DE CABARCOS ERA UNHA VELLA REIVINDICACIÓN DO CONCELLO BARREIRENSE.

Data de publicación: 
venres, 17 Novembro, 2017 - 20:57

O ALCALDE SUBLIÑA QUE É UN VIARIO MOI EMPREGADO POLOS VECIÑOS DE SAN XUSTO E GONDÁN PARA SAÍR CARA BARREIROS.

O alcalde, Alfonso Fuente, referíuse hoxe ás obras de arranxo da estrada que discorre entre Vilamar e o alto de Cabarcos. Serán acometidas pola Deputación Provincial de Lugo, que atende así unha vella reivindicación do Concello barreirense, segundo o rexedor.

Fuente Parga lembrou que “dende o Concello de Barreiros, xa dende fai un tempo, levamos demandando na Deputación Provincial que arranxara a estrada que vai a San Xusto, a 0609 que nace en Vilamar e vai ata o alto de Cabarcos”.

O rexedor contou que “hoxe dese plan de infraestruturas confirmábannos que esa vai ser a estrada que se vai arranxar. É posible que teña que ser en dúas fases. Nunha primeira fase serán en torno a 3 quilómetros e logo a seguinte fase, dado que o importe co que se conta para arranxar esa estrada rolda os 230.000 euros, e é posible que non chegue para facer un novo aglomerado”.

O alcalde cree que “era importante darlle para adiante desde o ente provincial, era necesario que arranxara esa estrada, toda vez que a Xunta de Galicia xa amañou o tramo que está en Barreiros da Reme-Vilamar”.

Alfonso Fuente Parga subliñou que “esta é unha estrada tamén moi utilizada por toda a zona de San Xusto e Gondán que a empregan para saír cara Barreiros. É a vía principal. Estaba nun estado bastante lamentable, e xa se leva uns anos reivindicando e pedíndolle á Deputación que arranxara esta estrada. Dentro do plan de infraestruturas, que se ten anunciado por parte da Deputación, nós demandamos o arranxo desta estrada e agora confírmase que si vai ser esta a que van preparar”.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
O CONCELLO DE BARREIROS ACOLLE A CELEBRACIÓN DO IV CONSELLO ALIMENTARIO DO EO
BARREIROS AFRONTA O IMPERMEABILIZADO DE POZOS DE REXISTRO DO SANEAMENTO PARA EVITAR INFILTRACIÓNS NAS DEPURADORAS
A AULA CEMIT DE BARREIROS CONECTOU CON LAPONIA PARA QUE AS NENAS E NENOS LLE FIXERAN AS SÚAS PETICIÓNS A PAPÁ NOEL
HOXE COMEZA O OBRADOIRO DE EMPREGO “CONSTRÚE EN VERDE”
ESTE DOMINGO BARREIROS ACOLLERÁ A FINAL DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte