Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Os traballos foron realizados por persoal municipal, de acordo coas autorización obtidas do ente responsable, Augas de Galicia.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de medio ambiente e rural, Dámaso Ratoeira, revisaron os traballos realizados polo persoal municipal no relativo ao adecentamento e limpeza do tramo urbano do Río de San Miguel.
A rexedora explicou que se fixeron traballos de limpeza de silveiras e retirada de parte de pés de amieiros que afectan ao leito, así como os sedimentos que poden obstaculizar as entradas das Pontes. Ana Ermida manifestou a “satisfacción cos traballos realizados, xa que é un procedemento complexo para o que tivemos que realizar estudos e memorias coas que lograr compaxinar as necesidades sociais e ornamentais coas medioambientais, tal e como requiren as autorización obtidas de Augas de Galicia tras un minucioso procedemento.”
O concelleiro de medio ambiente e rural explicou que cos traballos realizados “o que se pretende é non só abrir o leito do río, senón tamén mellorar a calidade ambiental do mesmo, pretendendo obter una masa arbórea que non sexa perigosa para o discorrer da auga e ao mesmo tempo cree unha capa vexetal que mellore a calidade da biodiversidade vinculada ao río.”
Estes traballos enmárcanse no plan que o goberno municipal puxo en marcha para a mellora do centro urbano de San Miguel, no que xa se instalaron elementos de ocultación dos colectores de lixo e onde se realizarán outros traballos de mellora do entorno nos seguintes meses.
A alcaldesa aproveitou para felicitar á veciñanza barreirense pola celebración das festas que pechan a tempada e que terán lugar nesta fin de semana en San Cosme e San Miguel.